A ignorancia eche atrevida, e a dos políticos aínda máis!

E imos, sen tomar respiro, cunha segunda entrega para Galego inventado.

Recentemente La Voz de Galicia publicou un artigo no que lle pegaba un bo repaso á calidade do idioma galego que empregaban os principais líderes do PSdeG, BNG e PPdeG. Resumo as invencións detectadas no mesmísimo presidente da Xunta, que son abraiantes mesmo para un neofalante coma min:

Pérez Torito ;-P

Do presidente da Xunta, os especialistas da Mesa consultados por Efe explican que o seu déficit se aprecia tanto en morfosintáxis como en fonética e «realiza mesturas incomprensibles entre o galego e o castelán», o que lle leva a dicir en ocasións «cosas disparatadas».

Como exemplo, recordan a firma do acordo de Goberno, cando Pérez Touriño falaba de «subliñalo», no canto de «asinalo», coma se estivesen «cun lapis escollendo algunhas partes en lugar de ratificalo no seu conxunto».

Os lingüistas pon como outros exemplos as palabras e expresións seguintes, recollidas de intervencións do presidente da Xunta: «artígolo», «eneiro», «>xa son houras», «ochocentos mil», «pasar holla» ou «furato» e «aguxeiro».

Vou explicar aquí brevemente estes disparates, para os non galegos:

  • *artígolo: en galego dise artigo, pero parece que lle parecía mal ao presi perder a esdruxulosidade da palabra.
  • *eneiro: en galego é xaneiro, pero se ve que lle soaba raro que comezase por X un mes que en castelán non comece por J, e pensou que con lle poñer -eiro ao final xa o convertía automaticamente en galego.
  • *houras: inaudito e inexplicable. Isto é o colmo do hiperenxebrismo. Contaxio tal vez de moras (ES) mouras (GL)?
  • *ochocentos: parecido ao caso de *eneiro. En galego 8 dise oito.
  • *holla: imperdoable. Calquera neofalante sabe que unha chea de palabras que en castelán comezan con H- en galego fano (como no orixinal latín) con F-. Será que non quería dicir unha palabra fea! 😉
  • *furato: un híbrido cachondo entre os correctos burato e furado.
  • *aguxeiro: carallo, un sinónimo para *furato! Que riqueza léxica! ;-D

Alguén se imaxina a Rodríguez Zapatero falando un castelán tan trapalleiro?

E a estas gustaríame acrecentar unha que lle escoitei en vivo e en directo ao añorado ex-alcalde coruñés, Paco Vázquez, nunha voda civil que oficiou cando aínda rexía os destinos da súa La Coruña, aínda que algúns non o crean, totalmente en galego. Aínda que nun galego bastante deficiente. Quedeime sobre todo co detalle de que aos aneis dos noivos, lles chamou anelos ;-D

Anuncios

4 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

4 Respuestas a “A ignorancia eche atrevida, e a dos políticos aínda máis!

  1. Roselynn

    Bueno, bueno, bueno… aquí sí que has encontrado una veta sin fin, una mina de castrapismos e “hiperenxebrismos” inagotable, y si encima recibes la TVG… vamos, que deberías pensar en abrir un blog específico sólo para este tema.

    Para ser neofalante escrebes un galego de libro, cousa que eu non fago, mais, ainda así, pesquei unha palabra na túa entrada que me chamou a atención: “añorar” acho que non existe en galego; o asunto é que tamén non lle atopo eu un sinónimo a xeito, só se me ocorren perífrases como “ter ou sentir morriña/soidade/señardade…”

    Veo que ya le has puesto nombre a la sección: es que mientras escribía esto se me ocurrió “galego cativo”, por eso de lo deficiente de la expresión del “Torito”…

  2. Si, tes razón. Cando o estaba a escribir tampouco me soou ben a min o de “añorar”, pero non se me ocorría con que substituilo: eche o que ten ser educado no idioma imperial (agora entra a música da Marcha Imperial da Gherra das Ghalasias…) ;-D

    E grazas polo (supoño) piropo de “galego de libro”. Supoño que llo debo a que aínda que non o falara ate os vinte-e-poucos, escoiteino e faláronmo desque nacín. Iso, sumado a un pouquiño de autoformación e lectura, e os resultados sonche abraiantes.

    Por certo, está ben descubrir outros galegos entre os comentaristas deste blog 🙂

  3. a chaqueta de lana

    de verdade, quedei abraiado, isto é de risa, e como se lle oísemos a zapatero dicir *cocreta…ou algo así, montaríase unha enorme, sen embargo naide parece falar disto…é penoso..

    grazas por recordárnolo

  4. "erecsiones munisipales"

    de verdade, quedei abraiado, isto é de risa, e como se lle oísemos a zapatero dicir *cocreta…ou algo así, montaríase unha enorme, sen embargo naide parece falar disto…é penoso..

    grazas por recordárnolo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s