Nova categoría: Galego inventado

Aínda que este non era en principio un blog bilingüe (ou multibilingüe, que diría aquela), levo tempo sentindo a necesidade de anotar algunhas patadas que lle dan por aí non ao dicionario da RAE senón ao da RAG. Estou seguro de que os meus lectores galegofalantes han apreciar esta nova sección que dei en titular “Galego inventado” e moitos dos que non falan/len galego tamén, dada a semellanza con outras linguas romances.

Sesión Vermú, de Siniestro Total (1997)Quero comezar cunha breve patada do meu querido grupo de rock Siniestro Total, que sempre se caracterizaron por cantar principalmente en castelán pero que tiveron (e teñen) as súas incursións co galego. Un galego curioso, algunhas veces. Así nunha canción do seu disco Sesión Vermú, teñen unha canción cantada en galego e titulada Así a todo aínda menos mal, na que coa súa característica afición a xogar coas palabras con moita retranca , o letrista e líder da banda, Julián Hernández, unha tradución trapalleira ao inglés, ao estilo xa famoso das divertidas conversións literais “from lost to the river” (xa hai libro e mesmo unha curtametraxe!), e traducen o título galego a “So to everything, still less bad”, que a un inglés débelle soar a chinés! O curioso do caso é que os de Siniestro non se deberon dar conta de que a expresión en galego non é “así a todo” senón “así e todo”. Típica metedura de pata que cometemos os neofalantes nesta lingua, que afeitos á fonética castelá, interpretamos o e aberto galego (son que non existe en castelán) como un a. Polo tanto a tradución literal ao inglés debía ter sido “So and everything…” 😉

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s