O sexo que se nos resiste aos galegos

María Xosé CarideDesque estou instalado en Galiza estou confirmando o que xa medio sabía: o mal galego que falan os políticos deste país. De feito, falan peor ca min, que terei unha fonética pésima e un acento biscaíno moi rechamante cando falo a lingua dos meus antergos, pero polo menos preocupeime por aprender algo de gramática e de léxico, perfeccionando o que mamei na casa, como se soe dicir. Hoxe por exemplo no Telexornal da TVG alusinei cunha frase da Conselleira de Política Territorial, María José Caride, cando falando das vantaxes das autopistas do mar, como a que se pretende que pase por Vigo, falo de os oríxenes deses viaxes. En primeiro lugar, é orixes e non oríxenes*, que é un simple e castelanista troco de G por X. E despois é algo bastante coñecido para calquera que se preocupe pola cualidade do seu idioma, que ambas as dúas palabras son femininas en galego (como case todas as que rematan en -xe). Canto se lle resisten estas diferenzas de xénero aos políticos galegos, mimá! Así que un premio por estes 3 erros en 4 palabras. Quen dá máis? Seguirei sacando as cores aos políticos galicianos: frótome as mans cada vez que poño aquí a tele!!

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s