Os edificios seica camiñan en Galiza!

E velaquí outra curiosa patada galego-mediática. Algunhas veces pecan os nosos xornalistas por castelanismos e outros por pasarse e poñer unha palabra diferente á castelá pero mal posta. Vindeiro (do verbo vir) é a forma galega do castelán próximo cando se refire a tempo (o vindeiro xoves = el próximo jueves). Pero un xornalista do Telexornal da TVG, o pasado día 15 estaba dando conta dun incendio que houbera e dixo que a acción dos bombeiros evitara “que o lume se estendera ás edificacións vindeiras (como se fosen vir, camiñando ou dalgún outro xeito), cando o correcto sería edificacións próximas ou colindantes, achegadas ou algo así.

Anuncios

4 comentarios

Archivado bajo Otras patadas

4 Respuestas a “Os edificios seica camiñan en Galiza!

  1. Pasotaman

    As edificacións vindeiras son as que están por vir, é dicir, as que aínda non están construidas. Polo tanto os bombeiros impediron que o lume chegase ás obras próximas 🙂

  2. Mira ti que cousa! Non pensara eu niso… terá que ver coa desaceleración inmobiliaria? 😀

  3. Roselynn

    De acordo co RAG, “vindeiro” é sinónimo de “próximo” e si pode adoptar unha connotación espacial, ao contrario que o castelán “venidero” e o portugués “vindoiro/vindouro”, que refiren preferentemente ao tempo.

    Ora ben, “colindante” si que non é palabra galega, eh?

    Saúdos.

  4. Pois iso parece, tes razón. Daquela cal é a palabra galega correspondente e ese castelán colindante?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s