A Bugallo non dá 'nin' unha

Ánxela Bugallo, a knight who say 'NI'Hai un par de días fiquei abraiado escoitando na TVG unhas declaracións da conselleira de Cultura (atención, de Cultura) Ánxela Bugallo no contexto da comisión de investigación da Cidade da Cultura. Eu a esta señora xa tiña escoitado antes e non me parecía que falase un galego demasiado malo para o que se soe escoitar nas bocas dos políticos deste país, pero nas declaracións desta semana baixou moitos puntos para min. Dixo, falando en galego, unha serie de ni un, ni unha, ni un, nin unha…”. O de unha coido que o pronunciou ben (xa non o lembro con seguridade), pero o que me alucinou foi o de ni. Porque podía ter dito calquera das variantes que diría un galego-falante: “nin un/ha” ou “nen un/ha” ou mesmo “ningún/ningunha” e serían máis ou menos correctas en cada caso. Pero o ni nunca! Será a conselleira Bugallo, en segredo, unha das cabaleiras que din “ni”? (Vid. Monty Python) 😀

Anuncios

3 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

3 Respuestas a “A Bugallo non dá 'nin' unha

  1. Ah, e onte escoitei outra variante ¿dialectal? da pronuncia: neñún, que tampouco foi a usada pola Conselleira.

  2. Roselynn

    Que eu saiba o “neñúm” e portugués (nenhum), ainda que pode ser que sexa usado de xeito dialectal na Raia ou na Baixa Limia, non teño a certeza.

  3. Pois non lembro de onde eran os que o dicían así o outro día… pero galegos eran galegos, iso seguro, non portugueses 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s