Copiando o peor do castelán: 'violencia de xénero'

Hoxe que é o día internacional contra este tipo de violencia quero de novo insistir na miña denuncia do incorrecto desta denominación tanto en castelán, como agora en galego. Desque me trasladei a vivir a Galiza, non deixo de escoitar e de ver escrito en todo tipo de cartaces, anuncios de TV, etc. a denominación violencia de xénero. De novo os galegos prefiren copiar directamente do castelán, que ollar para un dicionario. Isto é o que di o da Real Academia Galega sobre esa palabra:

xénero s.m. 1. Conxunto de seres ou cousas que presentan características comúns. SIN. clase, tipo. CF. orde.
2. Cada unha das clases en que se poden dividi-las obras segundo o contido, forma ou estilo.
3. Cada unha das posibles variedades ou categorías que existen de certas cousas. SIN. clase, tipo.
4. Gram. Categoría pola que substantivos, adxectivos, pronomes e artigos se clasifican en masculinos, femininos ou (pronomes) neutros.
5. Bot. e Zool. Clasificación ou división de animais e plantas entre a familia e a especie.
6. Calquera cousa que é obxecto de compra e venda. SIN. mercadoría, mercancía.
7. Tea, tecido.

Polo tanto é incorrecto usala para referirnos ao sexo das persoas. É incorrecto tanto en castelán como en galego. Porén, estámos usando cada día máis en ambas as dúas linguas.

Ben sei que o problema vén da propia definición deste tipo de violencia, xa que non é doado atopar unha adxectivación precisa e correcta. Vou repasar de novo algunhas das alternativas que poderíamos usar, tentando atender como se ven facendo sempre a criterios como características intrínsecas da forma de violencia ou referidas ao medio mediante o cal se exerce (violencia verbal), ao autor (violencia de Estado), ou á finalidade (violencia terrorista):

  • Violencia contra as mulleres: non é precisa, pois incluiría a violencia dunhas mulleres contra outras, ou un tirón de bolso na rúa.
  • Violencia machista/sexista: semella impropia porque estamos dando por sentada a actitude machista do agresor, cousa que non ten por que se dar para agredir a unha muller. Se o agresor non é machista e aínda así agrede a unha muller, clasificámolo dentro deste problema social, así que tampouco nos valería.
  • Violencia doméstica: esta incluiría violencia dunha nai contra os fillos, ou dun pai, ou dos irmáns entre eles. Quizáis demasiado ampla. E non recolle a que se poida exercer entre mozos que nunca viviron xuntos.
  • Violencia masculina: esta paréceme interesante, porque ao final do que falamos é de homes que agreden, é un punto común, e segue o criterio de adxectivar en función do autor. Pero claro, tamén incluiría violencia de pais contra fillos, ou dun home contra outro nun bar. Paga a pena reflexionar sobre esta denominación porque pode que o problema estea aí.

En definitiva, non está clara a mellor denominación. O que si está clara e é un feito lingüístico obxectivo é que é incorrecto usar de xenéro se o que queremos é falar do factor sexual. Coido que os especialistas sociais nesta materia son os máis axeitados para, buscando o factor común, adxectivar correctamente, sexa ese factor o axente, a motivación, a finalidade, ou calquera outra característica definitoria.

Anuncios

8 comentarios

Archivado bajo Galego inventado, Violencia de género

8 Respuestas a “Copiando o peor do castelán: 'violencia de xénero'

  1. Héctor

    o teu compañeiro de google MalaPrensa calificalo de “violencia de parella”

    de todolos modos, creo que cando se fala do ser humano social dicir sexo é incorrecto. bioloxicamente falando temos sexo, si. pero socialmente falando temos xénero. nesta calificacion. existe o sexo macho e o sexo femia, pero existe o xenero masculino e o xenero femenino.

    o xenero é o conxunto de estereotipos que a sociedade ptprga a cada un dos sexos. aunque o xenero non se limita ó sexo. exemplo: unha “marimacho” poderia ser considerada de xénero masculino, sendo de sexo femia, xa que adopta roles estereotipados como do sexo macho. polo tanto, falar de violencia de xénero non é tan incorrecto como afirmas. as persoas teñen un sexo bioloxico e un xénero social. 😉

  2. Dilá Lará

    ¿Este blog va a ser en lo sucesivo en gallego o vas a alternar?

  3. Augusto

    ¿Y qué tal “violencia conyugal”?

  4. Tampoco me convence, Augusto. Por un lado es reductora (quedan fuera los hombres que no sean cónyuges de las agredidas) y por otro lado no diferencia si el agresor es el hombre o la mujer.

  5. Augusto

    Cierto, me di cuenta después de escribirlo.

  6. E digo eu… Se cando un home lle pega a unha muller, sen saber nada máis del, xa o tachamos de machista… Se un branco lle pega a un negro ou a un chinés… xa é un racista? Coido que con isto da violencia contra as mulleres estamos caendo en prexuízos e en xeralizacións moi inxustas e perigosas, e asignamos automáticas intencionalidades ademais de facelas públicas nos medios. Estamos rozando a difamación ou é impresión miña?

  7. eduardo alonso

    Si no quereis entender lo que significa género así utilizado, no hace falta que recurrais a cuestiones gramaticales, no lo entendeis y punto. Pero es evidente que todo el mundo entiende que hay género masculino y género femenino y que la cuestión de género así expresada es perfectamente correcta para que nos comuniquemos y entendamos.

  8. No es gramática, Eduardo, es léxico. Y claro que entendemos el género… de las palabras.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s