Archivo mensual: enero 2008

A taksa de desemprego!

Coido que foi o mesmo xornalista que o outro día vía números alaranxados na bolsa, que hoxe nos falaba da taksa de desemprego no informativo das 14 h na Radio Galega. Hai que ter un coñecemento moi curioso do galego para pronunciar unha ‘x’ entre dúas vogais como ‘ks’.

11 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Nomeados

Seguimos copiando o peor do castelán! Castrapizando o galego pola peor parte do dicionario castelán! Que no dicionario do español acepten o barbarismo de nominar en lugar de proponer, non quere dicir que no dicionario de galego haxa que facer o propio e subtitular Dous españois nomeados unha noticia no telexornal da TVG (onte día 22) sobre os propostos para os premios Oscar. Nomear que eu saiba aínda non ten esa acepción admitida en galego e espero que nunca a teña.

Por certo que dá vergonza allea ver como os encargados dos subtítulos do Telexornal aínda non se enteraron da última reforma ortográfica, e olla que hai anos xa dela! E seguen a poñer a segunda forma do artigo pegada aos verbos: p.ex. subvenciona-las en troques de subvencionar as. Que bochornoso! :’-(

4 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Números roxos

Hoxe na Radio Galega, a conta das caídas das bolsas destes últimos días, puiden escoitar a un xornalista no noticieiro das 14 h, falar de números roxos. Se temos en conta que esa palabra en galego identifica unha cor (normalmente de cabelo) entre o vermello e o amarelo (algo así como o laranxa), entón xa quedo máis tranquilo: mentres non sexan vermellos a cousas non está tan negra! 😉

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Atávico Quintana

Quintana non é un cromagnonQue sería de nós sen os nosos líderes políticos, tan humorísticos eles! Que sería ten termos o periódico circo das campañas electorais?

Declaracións de Anxo Quintana, líder do BNG e vicepresidente da Xunta, lidas en La Voz de Galicia deste domingo (p. 10): “o BNG non ten atavismo contra ningunha forza política”. Se consultamos o dicionario da RAG comprobaremos que o atavismo é:

1. Biol. Aparición nun individuo de certos trazos hereditarios propios dun antepasado remoto, que permaneceron sen manifestarse durante varias xeracións. 2. fig. Tendencia a volver a un estadio primitivo.

Así que… que carallo quixo dicir Quintana? Que lle poden saír rasgos hereditarios de algunha forza nacionalista precursora do Bloque que os predispoñan contra outros? Que non tenden a volver a un estadio primitivo? Ese estadio é a oposición? 😉

O dito: as eleccións non valerán para outra cousa, pero para rirmos… valen un cacho! 😀

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Mazagatismos

A conselleira de Sanidade é moi pouco sá para o idioma

Conselleira para a mala saúde do idiomaHoxe no Telexornal case me atraganto colléndolle patadas ao galego á conselleira de Sanidade, María José Rubio! Costoume saber se estaba falando en galego ou castelán… así que non sei se dicir que falaba mal castelán metendo algunha palabra en galego, ou ao revés! :-O Arrepiante, inxustificable nun cargo político tan importante, e totalmente insán para a saúde do noso idioma! 😦

Escoitádea se tedes estómago!

6 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

El lehendakari y su indefinición sexual

El/la lehendakari Ibarretxe :-D

“seremos cada uno de nosotros y nosotras

(De su discurso de Fin de Año.)

¡Jolín, qué divertido es el lenguaje politicosexualmente correcto! 😀

4 comentarios

Archivado bajo Violencia de género

Pío Moa inventa la palabra 'insentido'

Pío... como molas!!!http://www.libertaddigital.com/bitacora/piomoa/comentarios.php?id=2747

La palabra no tiene sentido pero si tuviera una S delante… ¡paradójicamente tampoco! 😀

(Grazas polo envío, Nilo!)

Deja un comentario

Archivado bajo Otras patadas