Atávico Quintana

Quintana non é un cromagnonQue sería de nós sen os nosos líderes políticos, tan humorísticos eles! Que sería ten termos o periódico circo das campañas electorais?

Declaracións de Anxo Quintana, líder do BNG e vicepresidente da Xunta, lidas en La Voz de Galicia deste domingo (p. 10): “o BNG non ten atavismo contra ningunha forza política”. Se consultamos o dicionario da RAG comprobaremos que o atavismo é:

1. Biol. Aparición nun individuo de certos trazos hereditarios propios dun antepasado remoto, que permaneceron sen manifestarse durante varias xeracións. 2. fig. Tendencia a volver a un estadio primitivo.

Así que… que carallo quixo dicir Quintana? Que lle poden saír rasgos hereditarios de algunha forza nacionalista precursora do Bloque que os predispoñan contra outros? Que non tenden a volver a un estadio primitivo? Ese estadio é a oposición? 😉

O dito: as eleccións non valerán para outra cousa, pero para rirmos… valen un cacho! 😀

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Mazagatismos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s