Nomeados

Seguimos copiando o peor do castelán! Castrapizando o galego pola peor parte do dicionario castelán! Que no dicionario do español acepten o barbarismo de nominar en lugar de proponer, non quere dicir que no dicionario de galego haxa que facer o propio e subtitular Dous españois nomeados unha noticia no telexornal da TVG (onte día 22) sobre os propostos para os premios Oscar. Nomear que eu saiba aínda non ten esa acepción admitida en galego e espero que nunca a teña.

Por certo que dá vergonza allea ver como os encargados dos subtítulos do Telexornal aínda non se enteraron da última reforma ortográfica, e olla que hai anos xa dela! E seguen a poñer a segunda forma do artigo pegada aos verbos: p.ex. subvenciona-las en troques de subvencionar as. Que bochornoso! :’-(

Anuncios

4 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

4 Respuestas a “Nomeados

  1. Pasotaman

    A TVG é o reflexo dunha sociedade na que aínda non calou esta normativa (nin o fixo nunca a anterior). Hai moito que facer para chegar a un estándar real de galego e que non se quede nunha utopía. Claro que ao mellor tampouco se lle da credibilidade a ese estándar cambiándoo cada dez anos por motivos pouco claros.

  2. eu non comparto a túa visión: a TVG non debe ser reflexo da sociedade, polo menos no que a corrección lingüística se refire, senón darían o telexornal en castrapo directamente! E para iso non está. Mágoa que non sexa como a BBC, unha TV pública cun prestixio de corrección lingüística lendario!

    E o dos trocos da normativa é lóxico, a ti parecerache cada poucos anos, porque levamos pouco normalizando e temos que evoluir/corrixir aprésa cando outros idiomas tiveron séculos para trocar normas. Pero ese é outro debate.

  3. roselynn

    La verdad es que si queremos decir que “un actor español foi escollido para os Oscar”, “nomear” (cast. “nombrar”) tampoco es mala opción y, de hecho, también en portugués se suele utilizar en este contexto. Peor hubiese sido adoptar “nominar” en gallego, eso sí que hubiese sido un “anglocastrapismo” en toda regla.

  4. Nombrar (ES) / nomear (GL) será en todo caso poner nombre, o mencionar el nombre, o poner a uno/a en un cargo. Aquí se usa como traducción simplona y contaminante del inglés nominate, al que ya hemos visto se ha rendido la RAE. En gallego quizás aún estemos a tiempo de resistir dicha contaminación, aunque no soy nada optimista al respecto, dado que nos vendrá la presión por 2 lados ahora en lugar de 1.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s