Banesto: Patada bancaria ao galego!!

Banesto e o seu perraleiro galegoO outro día os meus ollos pousáronse -para o meu arrepío- nun escaparte dunha oficina de Banesto: formando parte da cartelaría dunha campaña na que non sei que carallo de produto bancario promocionaban, puiden ler: algo así como abre unha conta de tal tipo e…lévache un TV LCD”. :-O

Quen é o que cha leva? O director da oficina de Banesto? Non o mencionan. É máis que evidente que é unha tradución perralleira do castelán “y llévate…”.

E non lles dá vergonza. E o peor é que é moi probable que ninguén dos empregados nin dos clientes se queixara para que o retirasen. Eu non son cliente pero estou por entrar un día e esixirlles que ou aprenden a escribir en galego ou que retiren ese cartel contaminador.

Anuncios

9 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

9 Respuestas a “Banesto: Patada bancaria ao galego!!

  1. Pasotaman

    Permítome sinalar outro erro menor no uso das siglas estranxeiras LCD, que non me meto en se se deben traducir ou non, e que no anuncio sinalado empréganse coma un adxectivo cando é evidente que representan un sintagma nominal (pantalla de cristal líquido). Penso que se debería dicir “TV con LCD”.

  2. Ui, aí xa nos metemos nun tema máis amplo: eu penso que esa trasformación cara a un adxectivo ten un nome… e é algo común en moitas linguas, e quizáis acelerado polo contacto (máis se é técnico) co inglés: así pasaba con TV CRT que loxicamente era ao principio TV de CRT ou con CRT. Dado que LCD ou CRT eran nomes de tecnoloxías, acabaron de contado portándose a xeito de adxectivo.

  3. Pasotaman

    En inglés, onde non faltan exemplos de palabras que son nome e adxectivo, nome e verbo ou mesmo as tres, este tipo de salto paréceme perfecto. En galego ou castelán, onde pola contra os adxectivos formados a partir de substantivos adoitan levar un sufixo que o indique, e onde un nome só pode modificar a outro como aposición ou dentro dun grupo preposicional, seméllame moi antinatural. Por outra banda, se quixesemos respectar completamente a expresión importada, coido que deberiamos empregar “LCD TV”.

    De tódolos xeitos isto é simplemente a miña opinión. Se existe normativa clara a ese respecto non me importa admitir o meu erro. Sempre que non esixa falar de “televisor con PCL”, claro 🙂

  4. Bueno, ayer volví a pasar y tomé mejor nota. El cartel dice: “cambia a túa nómina á mellor canle… e lévache un TV LCD. Entra e infórmache

    😀

    Infórmache o director da oficina? Nin por esas: informar non pode ser intransitivo, así que de todas todas infórmache é incorrecto tamén.

    Quedáronse descansados estes de Banesto! Canto lles cobrarían pola tradución? ;-D

  5. Ai, os tradutores automáticos…

  6. Ti cres? Que tradutor automático é taaaan malo?!

  7. Vi-no hoxe nunha oficina e quedei pampo. Andaba agora buscando unha imaxe do tema. E non, non creo que sexa de tradutor automático.

  8. Vi-no hoxe nunha oficina e quedei pampo. Andaba agora buscando unha imaxe do tema. E non, non creo que sexa de tradutor automático.
    E falan tamén algo de “traeche a nómina”, ou algo así.

  9. 😀 Si, Chimpín, é algo digno de fotografar. A ver se me paso por alí coa cámara ;-P

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s