Pero que carallo lles pasa aos de Radio Galega?

Onte na Crónica das 2, en Radio Galega, os xornalistas de informativos seguiron a dar patadas ao galego: ademais de insistiren 2 delas na pronuncia complekso (vid. anterior patada sobre a taksa) , regaláronnos un por elo e un oficiña. Non teñen unha equipa de corrección lingüística que ademais de revisar previamente os textos que han ler, os corrixa a posteriori cando pronuncian mal ou meten patadas en textos non revisados? Que vergonza para unha radio pública!!!

Anuncios

5 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

5 Respuestas a “Pero que carallo lles pasa aos de Radio Galega?

  1. Suma e segue! Hoxe escoiteilles, tamén na Crónica das 2 un en ese lugar. Abraiante!! Seica non hai xornalistas que falen mellor galego para que traballen nun medio público, ou?

  2. Coido que aqui tés um erro sistemático. Nom existe erro em pronuciar o X intervogálico com som velar-alveolar oclusivo-fricativo surdo (ks) em palavras predominantemente cultas: exame, sexo, óxido, hexágono, reflexo ou esse “complexo”. Em palavras que tenhem mais uso na língua comum podem ter umha versom com som palatal fricativo surdo (comum) e outra pronúncia culta (oclusiva), “reflexo” ou “complexo” som o melhor exemplo.

  3. Eu atéñome ao que di o dicionario. En que dicionario veñen aceptadas ‘taksa’ e ‘complekso’?!

  4. Pois nas entradas de “Complexo” ou “taxa”, onde (por exemplo no Gran Dicionário Xerais) indicam que as duas pronuncias som válidas (umha em coloquial, outra em culto).

  5. Vaia, e logo como non di nada o dicionario da RAG??! Leveime a engano e ao final o ignorante demostrei ser eu! 😦 As miñas desculpas aos “culto-pronunciantes” xornalistas da Radio Galega

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s