A partires

Hoxe a presentadora do telexornal da TVG das 14:30 teimou co maldito a partires de… Seica os textos que len estes presentadores non pasan unha revisión lingüística, ou? Xa sabemos que a clase política do país fala un galego penoso, e que as declaracións improvisadas ou crónicas en directo de políticos ou xornalistas son terreo abonado para as meteduras de pata, pero cando falamos duns textos preparados de antemán, que menos que pasarlles unha revisión! Non é aceptable este tipo de erros nunha TV pública! Xa está ben!

Anuncios

9 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

9 Respuestas a “A partires

  1. antela

    eu tamén estou farta, e vouno dicir do PUTO a partires, acabo de recibir un cartaz cun “a partires do 1, 2 e 3”, son colegas, pero estou por non ir…
    vexo que non son a única, isto consólame

    • casdeiro

      Si, este e mais o “a pesares” son vicios polo visto moi pegañentos e estendidos entre xente que sen dúbida ama a fala… coma Xosé Manuel Beiras.

  2. Xosé

    Non tes nin idea, “partires” está ben dito e si que existe no galego, como infinito conxugado do verbo partir

  3. Boas!
    Non entendo por qué é un erro. Trátase dun hiperenxebrismo? (pola coincidencia coa forma en castelán ‘a partir de’). Pois teño entendido que se recomenda a utilización do infinitivo flexionado se vai precedido por unha preposición.

    Moitas grazas.

    • casdeiro

      Si, eu penso que o podemos calificar de hiperenxebrismo. Unha cousa é que se poida usar “partires” despois de “a” e outra moi distinta que sexa válido sempre, sobre todo en locucións deste tipo, nas que non existe referencia a un suxeito en segunda persoa do singulares. Por máis que penso non se me ocorre ningunha frase válida con “a” + “partires”. Se cadra si con outras preposicións: p.ex. “A túa forma de partires as noces é moi curiosa”.

  4. Noelia

    O motivo do erro é que “partires” é a 2ª persoa do singular do infinitivo conxugado, mentres que “a partir de” é impersoal e, polo tanto, 3ª persoa.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s