Antolóxica patada dun tradutor automático

Non podía crer o que estaba lendo!!! Nunha nova que viña hoxe no Luns a Venres (p. 3), procedente da AGN e dun tal Enrique de Ron, titulada Condenada a 17 anos de prisión a muller que matou a sogra en Neda no ano 2002, líase:

Os nove membros do tribunal chegaron tamén por unanimidade á certeza de que o crime foi ideado con anterioridade pola acusada, como proban os testemuños dos dependentes de dous comercios da Coruña que lle venderon á procesada eslamiada e unha máscara antigás para lavar as pezas logo da mortal agresión.

Ao primeiro pensei: carallo, vaia maneira do xornalista de meterse coa acusada: chamala eslamiada! 😀 Pero despois deime conta de que o resto da frase non concordaba “…e unha máscara antigás”, é dicir, non dicían “venderon á procesada eslamiada unha máscara antigás”, así que pensei que “eslamiada” funcionaba aí como sustantivo, non como adxectivo e mirei no dicionario: imediatamente deime conta de que en castelán se pode traducir por “sosa” (cáustica, é un supoñer) e polo tanto estabamos diante dun clarísimo caso de mala xogada dun tradutor automático!!! 😀 Mala para o xornalista, para a axencia e para cantos medios o teñan reproducido sen revisar, pero boísima para min que rin un cacho longo! 😀

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Traduttore traditore

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s