Revista Retranca

Retranqueiros si, pero que maltrato ao galego!Chámame moito a atención, e me entristece, que esta -por outro banda gabable e mesmo por momentos divertida- revista, sexa tan pouco coidadosa coa lingua e polo tanto faga tan fraco favor á mesma. No seu número 1 declaraban rufos ser “a única revista en galego que non ten corrector. Un galego, unha normativa”. Como carallada está ben, pero o problema desta publicación non é normativa, xa que moitas das súas patadas ao galego son gramaticais ou meramente erros ortográficos (vid. ese valeiros na capa do nº 2) e non opcións conscientes. Vexamos algúns exemplos do descoidado galego desta publicación, dirixida polo xa coñecido patadista Kiko da Silva:

Nº 2. P. 7: “e lle preguntei“.
Nº 2. P. 16: “se non houbese testemuñas aquí, che, che, che…”(…) “outras turbias labores”.
Nº 2. P. 21: “Que se a miña nai atópame xogando coa comida mátame”
Nº 3. P. 3: fai 20 anos” (…) chinos (…) “Papá Nöel foi máis enrollado e nos trouxo…”
Nº 3. P. 5: “chegar lo día” (????) “pensar que ía a morrer”
Nº 3. P. 9: “tí
Nº 3. P. 4 (interior): patateiro (…) colorido (…) serpente
Nº 3. P. 8 (interior): eres perfecto”
Nº 3. P. 14: ahí
Nº 3. P. 15: estos(…) podais (…) “se souberades o que vos espera”
Nº 3. P. 17: “¡foder!” (coido que é un castelanismo en troques de usar a interxección galega “carallo!”) “mañana”
Nº 4. P. 3: “volvín a quedar”
Nº 4. P. 1 (interior): “sinala que os matrimonios nos que os seus membros tráganse
Nº 4. P. 16: “dasche conta que (…) “veu a vernos”
Nº 4. P. 17: “sí(…) “home, sí (…)chingando(seica non hai palabras en galego como alternativa a usar este mexicanismo -??- castelanizante??)
Nº 4. P. 21: “seguro que a crítica literaria faise así?”
Nº 4. P. 23: “e a isto o chama nómina?” (…) o vexo negro”

Na derradeira páxina do nº 4, última liña seguen coa brincadeira: “Esa revista non ten corrector (menos mal que nos queda o Ortogal)”. Coido que o deben ter estragado, pero ademais recomendaríalles un corrector gramatical ou simplemente, que deixen de presumir de non teren corrector e pagar a alguén que corrixa os seus rechamantes erros neste campo.

Anuncios

6 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

6 Respuestas a “Revista Retranca

  1. lamastelle

    En el numero cinco, aparece una mencion a que estan corregidos por el Ayuntamiento de Pontevedra. Segun que normativa, y si los gallegoparlantes se ven representados en ella o no,lo dejaremos para otro dia, que es sabado y no es momento de meternos en esas cosas :-).

  2. MFS

    Eu creo que o que fan é representa-la fala na rúa, non é unha revista de lingüística, nin un libro de texto. É coma se dis que os que escriben “El jueves” non escriben español normativo… Iso sí, o dos erros ortográficos xa non o vexo tan normal.

  3. MFS

    Eu creo que o que fan é representa-la fala na rúa, non é unha revista de lingüística, nin un libro de texto. É coma se dis que os que escriben “El jueves” non escriben español normativo… Iso sí, o dos erros ortográficos xa non o vexo tan normal.

  4. MFS

    … e perdoa por publicalo dúas veces… :S

  5. MFS

    Por outra banda, é certo que Ortogal admite moitos dos erros que destacas:

    http://sli.uvigo.es/corrector/

    Probeino fai un rato.

  6. MFS non creo que sexa disculpa para a gran maioría dos erros. Claro que podemos asumir falas vulgares, como fai tamén El Jueves, pero hai cousas que son castelanismos, erros dun mal coñecemento do galego que me rechaman ata a min, que son neofalante. Ademais en que rúa se fala galego colocando mal os pronomes -un dos erros máis comúns que teñen-? Facelo vai contra a lingua. Temos unha lingua en perigo de desaparición vía dialectización. Espallar estes erros é darlles validez perante a xente, e non axuda aos que queremos mellorar o noso galego e nos preocupamos pola súa supervivencia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s