Acabou¿se? o cine

O outro día volvín ver un cartel de propaganda municipal en Compostela, diante do concurrido sempre semáforo que une a Praza de Galicia coa zona vella, xusto diante o café Derby. Pon literalmente “Acabouse o cine, agora empeza a película”. Penso que o verbo acabar, como tantos outros en galego, se diferencia do castelán en que non admite este tipo de pronomes reflexivos, ou cando o fai dalles outro significado. Coido que o correcto en galego sería “Acabou o cine, agora empeza a película”. Porque acabarse ven significando en galego, estar kaputt, non rematar, finalizar. Mágoa ver como a capital de Galiza non respecta mellor o noso idioma e gasta cartos en contribuír a degradar e dialectizar o idioma.

Anuncios

6 comentarios

Archivado bajo Castra-pó

6 Respuestas a “Acabou¿se? o cine

  1. Uxia

    mal andas ti co galego: acabou-se, ou acabouse e perfectamente correcto…o igual que o é en portugues.

    “acabouse o conto” “acabouse o cine”…aiaiai…

    • casdeiro

      En serio? Como dis ti: “acabou a película” ou “acabouse a película”? A min o segundo sóame horrible.

    • casdeiro

      A mín sóame mellor “O conto acabou” ou mellor aínda “…rematou”, que non rematouse nin acabouse.

      Segundo o Estraviz o uso pronominal de “acabar” é unicamente co sentido de esgotarse: “Acabouse a auga”, p.ex.

      • Uxia

        Non se trata de que che soe ou deixe de soar, tanto en portugues como en galego “acabou-se” ou “acabouse” son correctas.

        Eu diria “Rematou” a pelicula, pero sinonimo e acabouse (que non acabou…eso si e castellanismo).

        Por outra parte o uso de “pronomes”adxuntados o verbo e parte da vertebra do galego, como por exemplo no caso dos “infinitivos conxugados”: mercarmos (ou mercar-mos), falarmos (ou falar-mos), saíres, queixáreste…etc.

      • casdeiro

        Nada, que non me convences. Mesturas cousas que non teñen nada que ver: infinitivos conxugados con verbos pronominais. E dis cousas que non son certas como que “acabar” sen pronome é un castelanismo. Olla nun dicionario de galego e verás que non. E claro que “acabouse” é correcto, pero como che dicía ten un significado e aplicación concretas fóra do cal, considéroo un calco do castelán “se acabó” co sentido de “rematou”. Se acabar e rematar son sinónimos, segundo ti ben dis… Por que lle colocas o pronome a acabar e non a rematar? Iso non é moi congruente.

    • casdeiro

      E a todo isto… digo eu se non liches ben:

      “Porque acabarse ven significando en galego, estar kaputt, non rematar, finalizar.”

      É dicir, eu no post xa dicía que acabarse existe en galego. O que non me parece correcto é o uso que se lle quería dar nesa frase, que me parece impropio do galego e máis ben tirando a castrapo 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s