Archivo mensual: septiembre 2008

'Daquela maneira'

Hoxe o noso presidente Pérez Touriño tivo un deses arranques non se sabe moi ben se de cinismo político, de falla de capacidade expresiva ou de medo escénico… pero cando falou diante da prensa (Radio Galega, noticias das 14 h) sobre a primeira pranta de recliclaxe de neumáticos que se vai poñer en marcha en Galiza, dixo que ese era un problema que neste país antes se resolvía daquela maneira. E quedou tan ancho! Mesmo lle debeu parecer unha oportuna ocorrencia. É unha combinación perigosa: ser galego e levar no sangue dicir cousas sen dicir nada, e ser político e facer diso unha profesión!

Anuncios

1 comentario

Archivado bajo Otras patadas