Archivo mensual: enero 2009

3 patadas en 5 palabras

Onte o líder do PP galego, Alberto Núñez Feixó (ou Feijóo como escribe el) rozou o récord absoluto de concentración de patadas ao galego no comezo dunha frase nun discurso diante de simpatizantes en Lalín, que puiden escoitar pola noite nas noticias da TVG: Y ahora nos damos conta…”: Y no canto de e, ahora no canto de agora, e nos damos en troques de dámonos. Vamos, que se non fose porque na frase incluiu un conta, pensaría que estaba falando en castelán. Por certo, que conta tampouco o pronunciou cun O aberto, senón como se fose castelán, así que case lle podiamos apuntar outra patada máis, de tipo fonético. Todo un logro para unha persoa que vai de galeguista e que pretende liderar un país con idioma de seu.

Anuncios

15 comentarios

Archivado bajo Castra-pó

Incertidume touriñesa

O pasado día 14 escoitei nas noticias da TVG ao presidente Pérez Touriño nunhas declaracións nas que afirmaba que “Non hai sitio para a incertidume…”. Pois efectivamente, señor presidente, non hai sitio para esa palabra inventanda polo menos no dicionario: en galega dise incerteza. Claro que no dicionario de idioma touriñés se cadra si que hai sitio para ese tipo de palabras.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Calidade turística… pero pésima calidade lingüística

Hai uns días vin por Compostela as paradas dos autobuses chegas duns carteis nos que se promocionaban os establecementos turísticas galegos que posúen a Q (certificado de calidade turística). O lema da campaña é: Busca os establecementos con Q de Galicia e quédate.

É unha mostra do avance do castrapo nos verbos galegos, que adoitan ser non pronominais como en castelán. Aínda que nalgúns casos están admitidas estas formas, son en calquera caso, exemplos de mal galego. O correcto sería …e queda. Así pois un 0 en calidade lingüística. Dado que é algo pago con diñeiro público, procederei a usar a nova liña de denuncia do galego xestionada pola Mesa, a ver que resposta me dan.

Espero que poidan tramitar a queixa e parar a degradación do idioma con cargo ao diñeiro de todos.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó