Archivo de la categoría: Castra-pó

O pó contaminante que corroe a lingua galega

Por un presidente realmente bilingüe

Que Feixó aprenda galego XA!Quero desde este modesto blog facer un chamamento á institución responsable de coidar o idioma galego (Real Academia Galega) para que faga unha solicitude formal ao novo presidente da Xunta de Galicia o señor Alberto (alias Alberte) Núñez Feixó (alias Feijoo) para que deixe de patear a gramática e o dicionario galegos con cada unha das súas declaracións públicas supostamente neste idioma.

El que di defender o bilingüismo en Galiza, debería cando menos falar os dous idiomas. E cando digo falalos, loxicamente quero dicir falalos ben. Non é xustificable que cometa erros tan notorios e tan repetidos como a súa incorrecta colocación dos pronomes con respecto ao verbo. Se precisa un curso de galego, que o tome. E se reforma a educación en Galiza que o faga tendo en conta que o modelo que deu como resultado a súa mala competencia en galego (i.e. recibir todas as materias en castelán) non serve, e que habería que facer algo máis do que fixeron con el para que os rapaces realmente aprendan ben o idioma.

RAGSe quere que creamos que realmente defende e valora o galego, debería predicar co exemplo e tomar unhas clases intensivas e adicar unhas horiñas do seu valioso tempo en aprender a lingua propia do país, coa que pretende comunicarse connosco a cotío desde o seu posto de poder. Porque tamén é poder para contribuír a escarallar un idioma, e é unha responsabilidade súa (persoal e política) falalo ben para non contaminar a cotío os medios de comunicación públicos co seus castrapeiros léxico e gramática.

Polo tanto, que a RAG (que supostamente colligit, expurgat et innovat) non cruce os brazos e escriba xa esa solicitude formal para que presidente de Galiza fale o galego polo menos con tanta corrección coma fala o castelán. Eu tamén teño dereito a que o meu presidente me fale en galego. Ou seica iso non é liberdade e dereitos lingüísticos?

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Contaminación de masas, Galego inventado

'Non me dá a gaña de aprender ortografía'

Luisa Castro despreza a sua lingua Que lamentable estado o dunha lingua na que unha xornalista se atreve a facer defensa pública da ignorancia ortográfica! Se Podemos imaxinar a Luisa Castro escribindo en castelán e publicando semellante declaración nun xornal coma p.ex. El País? “No me da la gana de aprender las normas del castellano: tengo más prisa por leer el Corán”.

Que lingua de segunda categoría temos, para que un profesional da mesma se atreve con tanto descaro a dicir algo así?!

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Colonización lingüística, Galego inventado, Otras patadas

3 patadas en 5 palabras

Onte o líder do PP galego, Alberto Núñez Feixó (ou Feijóo como escribe el) rozou o récord absoluto de concentración de patadas ao galego no comezo dunha frase nun discurso diante de simpatizantes en Lalín, que puiden escoitar pola noite nas noticias da TVG: Y ahora nos damos conta…”: Y no canto de e, ahora no canto de agora, e nos damos en troques de dámonos. Vamos, que se non fose porque na frase incluiu un conta, pensaría que estaba falando en castelán. Por certo, que conta tampouco o pronunciou cun O aberto, senón como se fose castelán, así que case lle podiamos apuntar outra patada máis, de tipo fonético. Todo un logro para unha persoa que vai de galeguista e que pretende liderar un país con idioma de seu.

15 comentarios

Archivado bajo Castra-pó

Calidade turística… pero pésima calidade lingüística

Hai uns días vin por Compostela as paradas dos autobuses chegas duns carteis nos que se promocionaban os establecementos turísticas galegos que posúen a Q (certificado de calidade turística). O lema da campaña é: Busca os establecementos con Q de Galicia e quédate.

É unha mostra do avance do castrapo nos verbos galegos, que adoitan ser non pronominais como en castelán. Aínda que nalgúns casos están admitidas estas formas, son en calquera caso, exemplos de mal galego. O correcto sería …e queda. Así pois un 0 en calidade lingüística. Dado que é algo pago con diñeiro público, procederei a usar a nova liña de denuncia do galego xestionada pola Mesa, a ver que resposta me dan.

Espero que poidan tramitar a queixa e parar a degradación do idioma con cargo ao diñeiro de todos.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó

Acto de contrición (unha patada miña)

Despois de todo o que ando a escribir e falar ultimamente sobre o cénit do petróleo e resulta que me enteiro aínda agora que se di cénite ou zénite en galego! 😦 Mira que levo dado patadas, entón! Pois nada, como castigo reescribirei o termo en todos os lugares onde poida e ademais con z, que parece ser etimoloxicamente máis axeitado (seica procede do árabe a través do castelán antigo zénit).

Recoñézoo: para o meu pesar… eu tamén vos son (aínda) bastante castrapeiro! 😦

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó

Cousiñas (da lingua)

CousiñasÁ hora á que me ergo adoita comezar un microespazo dentro do Xabarín Club chamado Cousiñas, producido por Galitoon para a TVG. É un espazo moi loubable para achegar aos máis pequenos á nosa (á súa) lingua. O malo son algúns erros lingüísticos que coido comprería correxir. Aparte dos deslices de Raquel, que semella ser castelán-falante ou cando menos neofalante de galego, por cousas que se lle escapan (“¡Ahí va!”, “os cores”…), a canción do final (“Das cores e das formas”) contén polo menos un castelanismo e un hiperenxebrismo (ilumina e brilantes, respectivamente). Debían coidar máis estes espazos, polo público ao que van dirixidos, que está a aprender léxico, e pola subvención pública que polo visto reciben.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Alonxar

Ruiz RivasO galego do voceiro do PPdeG é ben curioso. Sen ir máis lonxe ;-P onte escoiteno dicir que as medidas tomadas polo goberno alonxaban o horizonte de recuperación… ou cousa ao paso. O verbo alonxar é un calco do castelán alejar. Ruiz Rivas debeu facer unha regra de tres destas tan típicas do galego inventado dos nosos políticos e pensou: si lejos se dice lonxe, entonces alejar será… ¡alonxar! Eureka! 😀

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Aluaxe e fuxida suicida

Onte no Telexornal da noite falaron dunha banda de atracadores que se adicaban a roubar mediante o método do aluaxe , tradución incomprensible do alunizaje castelán. En castelán ten chiste porque é un xogo de palabras entre luna (cristal) e alunizar (posarse una nave sobre la Luna). Porén, en galego é absurdo ese xogo de palabras porque aos cristais non se lles chama lúas.

Pero aos poucos chamoume a atención outra expresión: a suposta fuxida suicida dos atracadores, perseguidos pola policía. Semella contraditorio, porque se fuxían non era para se mataren senón para que non os atrapasen. Imaxino que a desafortunada expresión foi debida a que fuxían en sentido contrario por unha estrada dun só sentido e a que ese tipo de condución adoita denominarse condución suicida. Pero cando se usa ese nome non é precisamente cando o condutor quere saír vivo e librar da cadea porque o persiguen as forzas da orde 😉 Todo o contrario dun suicidio!

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado, Otras patadas

Crisi

O noso benquerido Feijó, Feijoo, Feixó ou Feixoo ou como carallo se escriba (debería en calquera caso pronunciarse igual, co son fricativo /x/ galego), vai mellorando no seu galego, e faino letra a letra, fonema a fonema, xa que conseguiu quitarlle o ‘s’ final para dicir en galego o que en castelán é crisis: o pasado día 30 escoitelle en declaracións emitidas pola Radio Galega, dicir crisi. Xa só lle queda un pasiño para o pronunciar ben en galego: crise 😉

3 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Acabou¿se? o cine

O outro día volvín ver un cartel de propaganda municipal en Compostela, diante do concurrido sempre semáforo que une a Praza de Galicia coa zona vella, xusto diante o café Derby. Pon literalmente “Acabouse o cine, agora empeza a película”. Penso que o verbo acabar, como tantos outros en galego, se diferencia do castelán en que non admite este tipo de pronomes reflexivos, ou cando o fai dalles outro significado. Coido que o correcto en galego sería “Acabou o cine, agora empeza a película”. Porque acabarse ven significando en galego, estar kaputt, non rematar, finalizar. Mágoa ver como a capital de Galiza non respecta mellor o noso idioma e gasta cartos en contribuír a degradar e dialectizar o idioma.

6 comentarios

Archivado bajo Castra-pó