Archivo de la categoría: Galego inventado

Hainos que falan con xeito e outros que se trabucan a eito

Un presidente indeferente

Vamos, que ademais de non me facer caso na miña demanda a prol do seu bilingüismo, non ten a máis mínima deferencia: antonte na Radio Galego escoitei a Núñez Feixó dicir indeferente en troques de indiferente. Estes son os seus avances no galego? Manda carallo!

Por favor, que os orzamentos da Xunta para este ano reserven unha partida para darlle unhas clases urxentes de galego ao noso presidente!

2 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

Por un presidente realmente bilingüe

Que Feixó aprenda galego XA!Quero desde este modesto blog facer un chamamento á institución responsable de coidar o idioma galego (Real Academia Galega) para que faga unha solicitude formal ao novo presidente da Xunta de Galicia o señor Alberto (alias Alberte) Núñez Feixó (alias Feijoo) para que deixe de patear a gramática e o dicionario galegos con cada unha das súas declaracións públicas supostamente neste idioma.

El que di defender o bilingüismo en Galiza, debería cando menos falar os dous idiomas. E cando digo falalos, loxicamente quero dicir falalos ben. Non é xustificable que cometa erros tan notorios e tan repetidos como a súa incorrecta colocación dos pronomes con respecto ao verbo. Se precisa un curso de galego, que o tome. E se reforma a educación en Galiza que o faga tendo en conta que o modelo que deu como resultado a súa mala competencia en galego (i.e. recibir todas as materias en castelán) non serve, e que habería que facer algo máis do que fixeron con el para que os rapaces realmente aprendan ben o idioma.

RAGSe quere que creamos que realmente defende e valora o galego, debería predicar co exemplo e tomar unhas clases intensivas e adicar unhas horiñas do seu valioso tempo en aprender a lingua propia do país, coa que pretende comunicarse connosco a cotío desde o seu posto de poder. Porque tamén é poder para contribuír a escarallar un idioma, e é unha responsabilidade súa (persoal e política) falalo ben para non contaminar a cotío os medios de comunicación públicos co seus castrapeiros léxico e gramática.

Polo tanto, que a RAG (que supostamente colligit, expurgat et innovat) non cruce os brazos e escriba xa esa solicitude formal para que presidente de Galiza fale o galego polo menos con tanta corrección coma fala o castelán. Eu tamén teño dereito a que o meu presidente me fale en galego. Ou seica iso non é liberdade e dereitos lingüísticos?

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Contaminación de masas, Galego inventado

Feixó to the power!!

Feixó pregunta por que as vacas teñen nome de muller! :-DEste home se algo ten é que enche a política galega de momentos hilarantes. Hoxe cando o escoitabamos pola radio dicir que “nós non nos acompañamos entre si (querendo dicir entre nós, loxicamente) ou cando seica lle preguntaba a un home da aldea a ver por que as vacas tiñan todas nome de muller 😀

O dito: todo un crack. E canto máis ton áspero, case barriobaixeiro emprega (aínda lembro o seu último debate na TVG), máis ridículo está. Segue así, Albertiño, que nos lle pos moito humor a este circo electoral!

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Otras patadas

'Non me dá a gaña de aprender ortografía'

Luisa Castro despreza a sua lingua Que lamentable estado o dunha lingua na que unha xornalista se atreve a facer defensa pública da ignorancia ortográfica! Se Podemos imaxinar a Luisa Castro escribindo en castelán e publicando semellante declaración nun xornal coma p.ex. El País? “No me da la gana de aprender las normas del castellano: tengo más prisa por leer el Corán”.

Que lingua de segunda categoría temos, para que un profesional da mesma se atreve con tanto descaro a dicir algo así?!

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Colonización lingüística, Galego inventado, Otras patadas

Incertidume touriñesa

O pasado día 14 escoitei nas noticias da TVG ao presidente Pérez Touriño nunhas declaracións nas que afirmaba que “Non hai sitio para a incertidume…”. Pois efectivamente, señor presidente, non hai sitio para esa palabra inventanda polo menos no dicionario: en galega dise incerteza. Claro que no dicionario de idioma touriñés se cadra si que hai sitio para ese tipo de palabras.

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado

Cousiñas (da lingua)

CousiñasÁ hora á que me ergo adoita comezar un microespazo dentro do Xabarín Club chamado Cousiñas, producido por Galitoon para a TVG. É un espazo moi loubable para achegar aos máis pequenos á nosa (á súa) lingua. O malo son algúns erros lingüísticos que coido comprería correxir. Aparte dos deslices de Raquel, que semella ser castelán-falante ou cando menos neofalante de galego, por cousas que se lle escapan (“¡Ahí va!”, “os cores”…), a canción do final (“Das cores e das formas”) contén polo menos un castelanismo e un hiperenxebrismo (ilumina e brilantes, respectivamente). Debían coidar máis estes espazos, polo público ao que van dirixidos, que está a aprender léxico, e pola subvención pública que polo visto reciben.

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado

Alonxar

Ruiz RivasO galego do voceiro do PPdeG é ben curioso. Sen ir máis lonxe ;-P onte escoiteno dicir que as medidas tomadas polo goberno alonxaban o horizonte de recuperación… ou cousa ao paso. O verbo alonxar é un calco do castelán alejar. Ruiz Rivas debeu facer unha regra de tres destas tan típicas do galego inventado dos nosos políticos e pensou: si lejos se dice lonxe, entonces alejar será… ¡alonxar! Eureka! 😀

1 comentario

Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado